Dinahosting presenta a nova versión do seu sitio web, máis dinámico e intuitivo
xoves, 1 de outubro do 2009
Dinahosting,
a compañía galega independente líder en servizos integrais de Internet en
España, vén de presentar o seu novo
portal web “multi-idioma”, moito máis moderno e intuitivo, que facilita
o contacto do internauta coa entidade á hora de atopar as facilidades que esta lle
pode ofrecer, en materia de xestión en liña.
Entre
as novidades que presenta este novo portal, cun deseño moito máis atractivo e
funcional, destaca a presentación do novo Panel
de Control que oferta a compañía, baseado, segundo informan os seus
responsables, “en anos de experiencia e
na opinión de milleiros de usuarios da Rede”. Trátase dunha novidosa
ferramenta que concentra todos os servizos dispoñibles en Dinahosting, lista
para usar e “pensada para o cliente, para
que este esqueza as curvas de aprendizaxe”.
Esta tecnoloxía, cen por cento española, foi
deseñada para facilitar a xestión e administración dun volume ilimitado de
dominios, servidores dedicados administrados e non administrados, servidores de
xogos e aplicacións específicas para Resellers,
entre outros servizos.
Asemade,
o Panel de Control da Dinahosting
caracterízase, segundo afirman dende a entidade, “pola usabilidade e facilidade de xestión e organización dos servizos
integrais multiplataforma, nun ambiente completamente personalizable polo
cliente/usuario”.
Outra
das características principais desta aplicación de rápida interfaz, son as
opcións de configuración e protocolos de seguridade que permiten ao usuario ou
usuaria escoller entre diversas ferramentas avanzadas de seguridade, tales como
xeolocalización, tarxeta de chaves, auditoría para contrasinais, logs e
informes… ademais de dispor dun sistema de soporte técnico 24x7 completamente
de balde, a través do teléfono, email, chat en liña directamente con persoal
cualificado e Skype.
Desde o
seu nacemento en 2002 e tratándose da empresa líder no sector de capital
español, Dinahosting anuncia que superou os 50.000 clientes, o que significa un
volume de máis de 94.000 dominios administrados en 78 países distintos. A
previsión da compañía de servizos integrais na Internet é “converterse na empresa española de referencia en implantación
tecnolóxica, chegando a un total de 4,5 millóns de euros, o que implica un
crecemento para finais de 2009 do 30%”. Sen dúbida, o aumento da carteira
de clientes, que é un 25% máis respecto ao ano anterior, demostra o imparable
crecemento da compañía española e demostra o éxito do plano de expansión
internacional.
En
palabras do director comercial da entidade, como mostra deste espirito de
superación, Alberto de la Morena afirma, “a
Dinahosting está nunha nova etapa de desenvolvemento, co obxectivo de facilitar
o control dos recursos corporativos de forma doada e sinxela. Apostando sempre
pola innovación e a calidade, o noso obxectivo é proporcionarmos un servizo que
nós, como usuarios, gustaríamos de recibir”,
Ademais
da renovación do sitio web e do desenvolvemento do Panel de Control “máis
avanzado do mercado”, a Dinahosting realizou unha serie de melloras na súa
oferta de produtos, pondo a dispor dos seus clientes servizos de alta calidade
moi competitivos como por exemplo, VPS a prezos de hosting compartido, licenzas ilimitadas en servidores dedicados,
máxima seguridade e protección de datos, entre outros; ademais de ofrecer
grandes descontos inmediatos co Programa
de Puntos.
