Convocada dende Compostela a primeira edición do Concurso de Outfits en Facebook
venres, 3 de maio do 2013
A axencia compostelá
Somos Asesores de
Imagen vén da lanzar a primeira edición do seu Concurso de
Outfits en Facebook. O certame, presentado baixo o epÃgrafe Ser
fashion ten premio, desenvolverase ao longo dos meses de maio e
xuño, tempo fixado para recibir e valorar as propostas que se
envÃen. A gañadora recibirá unha bolsa de formación valorada en
600 euros. O concurso, informa a axencia, consiste nun convite á
creatividade dos nosos deseñadores publicitarios, que deberán
enviar unha soa fotografÃa ilustrando a súa proposta de estilo para
a tempada primavera-verán. O
certame xestionarase integramente no Facebook, onde os seareiros
poderán votar pola súa imaxe favorita.
Finalmente, a/o
responsable do outfit que máis puntuación reciba terá á
súa disposición, como dixemos, unha bolsa de 600 euros na
plataforma de formación en liña da propia axencia, incluÃndose as
seguintes actividades: un curso de estilo e asesorÃa de imaxe
persoal (240 euros), un curso de protocolo social (100 euros), o
curso de community manager especial para blogueiros (200
euros) e o curso de empaquetado de agasallos (60 euros).
As inscricións e
votacións están abertas ata o 16 de xuño de 2013 ás 20.00 horas.
A publicación do gañador realizarase o luns 17 de xuño a través
da páxina de Somos Asesores de Imagen en Facebook. Para participar
deberemos enviar os nosos datos persoais á seguinte conta:
comunicacion@somosasesoresdeimagen.com.
