Caixa Galicia pon en marcha un concurso de fotografÃa para mozos e mozas
martes, 23 de marzo do 2010
A entidade galega Caixa
Galicia, que recentemente foi premiada polo Ministerio de Interior polo seu
nivel de seguridade informática, non so emprega as novas tecnoloxÃas para mirar
polos aforros dos seus clientes e o benestar dos seus empregados, senón que tamén
fai o posible para que estas estean presentes na vida cotiá de todos os galegos
e galegas.
É por isto que a última
iniciativa en torno ás TIC levada a cabo por Caixa Galicia foi poñer en marcha
o I concurso de
fotografÃa Netclub Captura ese bit,
dirixido a mozos de entre 14 e 26 anos, que poderán presentar, ata o vindeiro
31 de maio, fotografÃas relacionadas coas novas tecnoloxÃas.
As persoas
interesadas en participar poderán presentar
ata un máximo de cinco fotografÃas que terán que ser enviadas en formato JPG e
RGB, cun peso entre 1 e 3 Mb e un tamaño mÃnimo de 21x29 cm. Cada concursante poderá subir as súas imaxes á web e
consultar as súas propias estatÃsticas de votos recibidos, número de
fotografÃas publicadas e as súas propias votacións.
O gañador do
concurso recibirá unha cámara de fotos Olympus E-420 con dous obxectivos e as
seguintes dez fotos máis votadas serán obsequiadas cun xogo TopSpin 3 para PlayStation3.
NetClub é unha iniciativa
deseñada por Caixa Galicia en xullo de 2001 para fomentar o aforro entre a
poboación máis moza. O portal web especÃfico para os usuarios deste programa de
Caixa Galicia rexistra unha media de 25.500 páxinas vistas mensuais, e os
concursos desenvolvidos neste portal rexistraron en 2009 máis de 7.000
participantes.
