Blackmagic Design amosa a súa futura cámara de cine inmersiva
martes, 11 de xuño do 2024
Durante a conferencia inaugural de Apple na WWDC 2024, ao falar de VisionOS adiantouse a gravación de vÃdeos espaciais para ver en Apple Vision Pro non se limitarÃan aos que se fixesen co iPhone 15 Pro, senón que este ano Canon lanzarÃa un novo obxectivo espacial para a súa cámara Canon EOS R7, permitindo asà a creación de vÃdeos espaciais incluso en espazos pouco iluminados.
Tamén apuntaron que esta ano Blackmagic Design lanzarÃa un sistema de cámaras e adaptarÃa DaVinci Resolve Studio para poder producir vÃdeos compatibles co formato Apple Immersive Video.
Está asà a abrirse a porta a todo un ecosistema de creación de contidos audiovisuais estereoscópicos que poderÃan repetir o fracaso dos televisores 3D ou revolucionar completamente a o sector audiovisual con experiencias inmersivas impresionantes.
O que si parece claro é que a proposta de Canon mencionada non parece ser moi ambiciosa (pois a cámara á que está dirixida o obxectivo non produce contidos de grande resolución), mentres que Blackmagic Design si poderÃa marcar un antes e un despois, xa que presentaron o que será a Blackmagic URSA Cine Inmersive, unha cámara de cine estereoscópica, que aÃnda está en desenvolvemento, e que promete que será capaz de gravar vÃdeo cun rango dinámico de 16 pasos, 90 imaxes por segundo e unha impresionante resolución de 8.160 x 7.200 pÃxeles por ollo. Deste xeito a cámara poderÃa servir para crear imaxes que transmitisen con grande fidelidade a realidade, cunha inmersión sen precedentes grazas á estereoscopÃa, a resolución e a velocidade de refresco.
AÃnda que actualmente pode parecer algo absurdo producir contidos para un dispositivo como Apple Vision Pro (con tan poucas unidades no mercado), cómpre lembrar que os contidos deste tipo tamén poderÃan aproveitarse practicamente calquera visor de realidade aumentada que haxa no mercado, polo que nun par de anos as gravacións inmersivas de eventos en vivo poderÃan deixar de ser algo anecdótico.
- A futura cámara de cine de Blackmagic Design incluso poderÃa empregarse con drons para conseguir imaxes espectaculares