BlackBerry pon á venda as súas patentes sobre tecnoloxÃas móbiles
luns, 31 de xaneiro do 2022
Hai un ano anunciouse que TCL
non tiña previsto renovar o seu contrato de fabricación de dispositivos coa
marca BlackBerry, polo que a marca desaparecÃa do mercado, xurdindo unha
empresa, OnwardMobility, que
prometÃa lanzar en 2021 novos smartphones BlackBerry con conectividade 5G, o que
non sabemos se chegará a ser realidade algún dÃa, xa que Reuters vén de dar
conta de que BlackBerry
puxo á venda o seu catálogo de patentes relativas á telefonÃa móbil e
mensaxerÃa por 600 millóns de dólares.
Dado que hai poucas semanas BlackBerry
pechou os servidores que permitÃan o funcionamento dos seus vellos terminais
con sistema operativo propio da marca canadense, podemos dicir que agora a
compañÃa está totalmente fóra do mercado móbil.
Chegaremos a ver un smartphone 5G coa marca BlackBerry da man de
OnwardMobility? É unha incógnita que resolverase nos vindeiros meses, pero
semella algo cada vez máis complicado.
