Ayaneo apostará polo uso da IA nas súas consolas emuladoras
luns, 25 de maio do 2026
O fabricante chinés popular principalmente polas súas consolas emuladoras, Ayaneo, desvelou que está a prepararse para iniciar un novo capÃtulo da súa historia cunha aposta pola intelixencia artificial, como un xeito de explorar novos xeitos de interacción entre usuarios e trebellos.
O primeiro expoñente desta nova etapa do fabricante chinés serÃa a presentación da KONKR Pocket BLOCK, anunciada como a primeira consola portátil con funcións de IA do mercado. O dispositivo chegará a marca económica KONKR, e aposta por un formato vertical claramente inspirado na Game Boy, aÃnda que reinterpretada cun deseño de inspiración cyberpunk.
A KONKR Pocket BLOCK empregará Android como sistema operativo e preséntase como unha consola especialmente compacta e lixeira, pensada para partidas rápidas en mobilidade. Combinará elementos retro cunha experiencia «máis intelixente e inmersiva» grazas á integración de tecnoloxÃas baseadas en IA, aÃnda que polo momento non detallou as funcións concretas que incorporará nin que diferenzas existirán respecto doutros sistemas portátiles actuais.
A ausencia de detalles técnicos completos e, sobre todo, do prezo final deixa abertas varias incógnitas arredor do dispositivo, aÃnda que o feito de formar parte da marca KONKR dá a entender que non estaremos ante un produto de alta gama e elevado prezo.
