ata 40 rapaces participan nos campamentos tecnolóxicos Digitalia que se celebran en GandarÃo
martes, 1 de setembro do 2020
Un
total de 40 rapaces e rapazas de entre 13 e 14 anos están a
participar esta semana nos campamentos tecnolóxicos Digitalia, unha
das actividades da campaña de verán 2020 da Xunta, que leva por
nome O verán que necesitas. Desde o pasado dÃa 30 e ata o
vindeiro 6 de setembro o Albergue Xuvenil de GandarÃo dá acubillo
(un ano máis) a este campamento cuxo programa de actividades
encamÃñase a facilitar habilitades dixitais e diversión para as
novas xeracións.
Digitalia
ofrece tres actividades tecnolóxicas: o videomaping, na que
os rapaces aprenderán a compoñer vÃdeos e crear as súas propias
animacións; manexo de drons, que lles permitirá adquirir os
coñecementos necesarios para crear, controlar e voar drons; e
robótica, que lles achegará aos principios tecnolóxicos para a
construción, funcionamento e control de robots sinxelos.
Ademais
desta formación sobre o mundo dixital, os participantes poderán
desfrutar con outro tipo de actividades de ocio e lecer na praia e no
mar como a vela, kaiak, snorkel ou paddle surf, entre
outras.
Esta
iniciativa está enmarcada no Plan de Talento Dixital de Galicia,
DigiTalent 2020, impulsado pola Xunta, que pretende por unha banda
poñer en valor as capacidades e empregos dixitais e, pola outra,
estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo das
profesións cientÃfico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
