As Cancelas sortea este martes catro agasallos TIC
luns, 5 de agosto do 2013
O
Centro Comercial As Cancelas
de Santiago anunciou que mañá sorteará entre os seus clientes
cinco carros da compra (valorados en 100 euros cada un) e catro
grandes agasallos tecnolóxicos
(un televisor LED, unha consola Wii, unha cámara de fotos dixital e
unha tablet).
A maiores,
entra no evento a
posibilidade de obter a devolución do importe dunha compra de ata
300 euros realizada o mes pasado. Estas
actividades, inseridas no sorteo mensual que realiza As Cancelas cada
terceira feira, resolveranse
ás 20 horas no punto
de información
do centro comercial compostelán.
Para
participar é preciso ter realizado unha compra por valor de dez
euros ou máis nalgún dos martes do pasado mes de xullo, ter
entregado o tÃquet correspondente e estar
presente no acto do sorteo.
