Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

O Oura Ring 5 destaca polo seu grosor reducido

Oura presentou o novo Oura Ring 5, unha nova xeración do seu anel con sensores que destaca por reducir o tamaño do dispositivo nun 40 % respecto do modelo anterior, converténdose segundo a marca no anel intelixente máis pequeno do mercado. O dispositivo aposta por un deseño máis compacto e lixeiro en titanio, mantendo as funcións avanzadas de monitorización (...)

Ler máis

Call of Duty chega a Switch 2 e di adeus a PS4 e Xbox One

O equipo de Call of Duty confirmou oficialmente o lanzamento de Call of Duty: Modern Warfare 4, nova entrega da saga bélica de Activision que estará dispoñible o 23 de outubro de 2026 para Xbox Series X|S, PlayStation 5, PC e Nintendo Switch 2. O xogo abandona definitivamente as consolas da anterior xeración, polo que non contará con versións para (...)

Ler máis

Os novos Xiaomi 17T destacan polas súas cámaras e baterías

Xiaomi amplía a súa gama alta accesible cos novos Xiaomi 17T e 17T Pro, que destacan por incorporar características pouco habituais neste segmento, como cámaras teleobxectivo con zoom óptico 5x, baterías de grande capacidade e pantallas AMOLED de alta frecuencia de refresco.

Ler máis

Xreal crea a marca XBX para lentes con pantalla económicas

Xreal anunciou o lanzamento dunha nova submarca chamada X by Xreal (XBX), coa que busca ofrecer lentes de realidade aumentada máis accesibles economicamente. O primeiro produto desta liña será as novas a01, un modelo que chegará ao mercado estadounidense en xullo cun prezo de 299 dólares, bastante por debaixo dos 449 dólares das Xreal 1S (que en España teñen (...)

Ler máis

The Witcher 3 terá unha nova expansión

Mentres o público agarda con inquedanza máis información sobre The Witcher 4 (xogo do que só puidemos ver unha demo técnica) dende CD Projekt Red sorprenden anunciando Songs of the Past, unha terceira expansión para o videoxogo de 2015 The Witcher 3: Wild Hunt, que chegará o ano que vén a PlayStation 5, Xbox Series X|S e (...)

Ler máis

A Steam Deck dispara o seu prezo

A actual crise de abastecemento de memorias levou a que Valve tivese problemas para lanzar as súas futuras Steam Machines (que aínda seguen sen fixar a súa data e prezo de lanzamento) e deixase de reabastecer unidades da súa célebre Steam Deck. Pero finalmente decidiron volver a pór á venda a Steam Deck, cunha actualización de prezo para sufragar o incremento (...)

Ler máis

PlayStation Plus suma en xuño Grounded, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40.000: Darktide

Sony anunciou os xogos mensuais que se incorporarán en xuño ao servizo PlayStation Plus: Grounded Fully Yoked Edition, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40,000: Darktide. Os tres títulos estarán dispoñibles para todos os subscritores de PlayStation Plus entre o 2 de xuño e o 6 de (...)

Ler máis

O auriculares Sennheiser Momentum 5 terán batería substituíble polo usuario

A nova xeración de auriculares sen fíos de alta gama de Sennheiser chegarán ás tendas estadounidenses o vindeiro 16 de xuño a un prezo de 399,99 dólares (que podería traducirse en 369,99 euros se atendemos ao prezo de lanzamento da anterior xeración de auriculares), continuando a súa aposta pola calidade de son, a cancelación activa de ruído e a grande (...)

Ler máis

Zara rende homenaxe á PSP

Durante os últimos anos Zara sorprendeu comercializando diferentes produtos ligados á marca PlayStation, como unhas zapatillas deportivas cun deseño bastante polarizante, unha faldriqueira, varias bandoleiras con forma de mando e incluso uns botíns, pero nesta ocasión están a conseguir certa viralidade coa bandoleira (...)

Ler máis

Ayaneo apostará polo uso da IA nas súas consolas emuladoras

O fabricante chinés popular principalmente polas súas consolas emuladoras, Ayaneo, desvelou que está a prepararse para iniciar un novo capítulo da súa historia cunha aposta pola intelixencia artificial, como un xeito de explorar novos xeitos de interacción entre usuarios e trebellos.

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 14410

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade