Artigos desta sección
A nova aventura de Sherlock Holmes chega a España con feitura de videoxogo.
Despois de vender 500.000 exemplares en todo o mundo, a nova odisea de Sherlock Holmes e o seu inseparable doutor Watson chega a España da man de FX Interactive. Nesta ocasión, a trama da aventura gráfica convida ós xogadores a facer unha viaxe por todo o mundo (na pel dos detectives) coa fin de desenmascarar á poderosa secta que rende culto ó deus Cthulhu, (...)
Ler máisO blog Tú también eres rar@ convoca un concurso de videoxogos
Nae, do blog Tú también eres rar@ quere darlle unha oportunidade ós inconformistas que non atopan as emocións que buscan nos vídeo xogos actuais e que pretenden desenvolver as súas propias actividades de culto coas que perder os longos seráns de inverno na casa. Con este fin, a comezos de xaneiro convocou a primeira edición dun concurso de creación de (...)
Ler máisA Wii xéralle a Nintendo ingresos espectaculares
Na casa Nintendo deben estar hoxe por hoxe nunha festa continua. A súa consola Wii non só está en boca de todos os seareiros dos videoxogos, senón que estes fan todo o posible por levala para a súa casa, aínda que cheguen a poñer en perigo a súa integridade física. Case se podería falar dunha febre da Wii, e isto –máis tarde ou máis cedo- ía reflectirse nas (...)
Ler máisA PlayStation 3 xa ten data de aterraxe en Europa
A nova PlayStation 3, que causou gran entusiasmo na súa presentación e que dende entón está a ser agardada como auga de maio por milleiros de persoas en Europa, xa ten por fin, despois dun longo proceso de dúbidas e retrasos, data de chegada ó continente: será o 23 de marzo e venderase a un prezo inicial de 599 euros. Iso si: malia que nun principio falábase (...)
Ler máisUn estudo di que os homes de EE UU queren máis ó seu iPod cá súa parella
Hai unha cousa que semella non ter fin: as estatísticas parvas e sen utilidade aparente sobre as preferencias dos usuarios da Rede. Unha das máis recentes e certamente rechamantes é a que reflicte estes días Engadget e na que se informa de que o 65% dos habitantes de Estados Unidos dedica máis tempo ó seu computador persoal cá súa dona. Amais, segundo se (...)
Ler máisEragon, novo fenómeno de lecer nos teléfonos móbiles
O filme Eragon abrangue en tecnoloxía o que non abrangue en calidade cinematográfica. De feito, é se cadra a máis decepcionante das moitas translacións ó cinema de senlleiras obras literarias de fantasía heroica que se están a dar nos últimos tempos (O señor dos Aneis, As crónicas de Narnia ou mesmo a saga de Harry Potter) e, malia todo, consegue abrir vía nas (...)
Ler máisAmnistía denuncia o libre acceso dos nenos ós videxogos violentos e esixe medidas restritivas
Os videoxogos non son un problema en si mesmo para os nenos. Poden ser positivos ou non con independencia do feito de seren videoxogos. O problema é cando hai creadores deste tipo de produtos que non teñen problema algún en facer da violencia sen conto un reclamo ou, máis polo miúdo do sufrimento do demais nos patios de colexio ou do derramamento de sangue (...)
Ler máis“O despregue da televisión dixital supón un esforzo económico, técnico e loxístico de enormes proporcións”
O despregue da Televisión Dixital Terrestre (TDT) é un labor ben complicado. A fin de contas, Galiza é como é, e semella ter sido formada a contrapelo de calquera iniciativa de comunicación a distancia: paisaxe accidentada, montes, feitura de costa arriba. Por se iso fose pouco, hai séculos que decidimos vivir de xeito disperso, repartíndonos unha boa parte (...)
Ler máis“O blog é unha ferramenta multiuso para a pedagoxía”
Os blogs, no senso máis técnico do nome, seguen en boca de todos e nada hai que indique que lles vai pasar coma a outros experimentos tecnolóxicos que quedaron polo camiño. Ademais, as súas posibilidades aínda están por explorar. Cada certo tempo descóbrese unha nova función: primeiro foi a de dar renda solta á creatividade da xente e dialogar sen límite, logo (...)
Ler máisLG lanzará en breve un reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray
No eido da tecnoloxía (e noutros eidos seguro que tamén), unha das teimas máis preocupantes das empresas e insistir día tras día no moito que están a traballar polo noso benestar, por facernos a vida máis doada e agradable. Porén, moi poucas se preocupan de darlle unha saída sostible e axeitada ós seus produtos unha vez que xa non cumpren a súa función (os países (...)
Ler máis0 | ... | 14250 | 14260 | 14270 | 14280 | 14290 | 14300 | 14310 | 14320 | 14330 | ... | 14410
