AmnistÃa Internacional achega un programa para que os activistas saiban se os vixÃan
luns, 24 de novembro do 2014
A organización AmnistÃa
Internacional vén
de lanzar un software de balde e aberto para que as persoas que
loitan no mundo a prol dos dereitos humanos estean en disposición de
coñecer se os seus computadores persoais están a ser obxecto de
seguimento ou vixilancia por parte dos gobernos que alentan ou
permiten as vulneracións contra as liberdades que defenden os
activistas. Segundo fai saber a ONG, hai estados que están arestora
a recorrer a métodos tecnolóxicos de risco, nalgúns casos moi
avanzados, para ter acceso aos correos electrónicos dos activistas e
dos xornalistas. En boa medida, o obxectivo tamén pasa por intervir
a distancia cámaras e micrófonos dos computadores para rexistrar
comunicacións e actividades.
A ferramenta en cuestión
habilitada por AmnistÃa chámase Detekt
e ten a capacidade de localizar programas de vixilancia de Ãndole
spyware nos computadores. O software foi lanzado en parcerÃa
con Digitale Gesellschaft, Electronic Frontier
Foundation e Privacy International, e foi deseñado polo
experto alemán en seguridade informática Claudio Guarnieri. Máis
polo miúdo, busca nos ordenadores dos activistas sinais de
seguimento externo feitos por programas espÃas.
