Amazon abrirá unha estación loxística en Cambre

luns, 22 de abril do 2024 Redacción

Amazon anunciou a apertura dunha nova estación loxística en Cambre (A Coruña), centro que terá máis de 7 mil metros cadrados construídos e que estará plenamente operativo no mes de setembro buscando axilizar os procesos de entrega aos clientes da cidade e as áreas próximas, creando máis de 40 empregos permanentes a tempo completo e parcial.
As estacións loxísticas son as encargadas da última milla en Amazon, axilizando os tempos de entrega dos pedidos. Reciben os paquetes dende outros centros de Amazon, os clasifican e cargan en furgonetas das empresas colaboradoras de reparto, para pasar a entregarse aos clientes finalmente.
Actualmente Amazon conta cunha estación loxística no Porriño (Pontevedra), de xeito que a instalación de Cambre sería a segunda en Galicia.

PUBLICIDADE