Acer levará a súa primeira pantalla 3D ao CES
venres, 11 de decembro do 2009
De cara ao CES de
Las Vegas prepárase o monitor
Acer GD245HQ 3D, que é unha pantalla de 24 polgadas con
retroiluminación LED, cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, unha
velocidade de refresco de 120 Hz, un tempo de resposta de 2 milisegundos,
contraste 80:000:1, brillo de 300 cd/m2 e conectividade HDMI que
será compatible coa tecnoloxÃa estereoscópica de nVIDIA, de xeito que utilizado
en conxunto cunha tarxeta gráfica GeForce GT220 ou GT240 e lentes polarizadas
permitirá a visualización de imaxes tridimensionais de boa parte dos xogos que
hai no mercado do PC, aÃnda que tamén están
a traballar para que en breve sexan compatibles coa tecnoloxÃa que levarÃa o 3D
ás pelÃculas en Blu-ray, de xeito que facilitarán a chegada do cine
tridimensional (con superproducións coma Avatar)
ao fogar.
