A vela galega crea unha regata virtual
luns, 13 de abril do 2020
A
Real Federación Galega
de Vela puxo en marcha un campionato virtual, en monotipos J70/
J80, que está a contar coa participación de case 200 regatistas
galegos representando a trinta clubs da nosa terra. Baixo o nome de
Regata Galicia contra o COVID-19, o director técnico da RFGV, Bruno
Gago, deseñou un evento para deportistas, adestradores e xuÃces con
licenza galega activa en tres fases: regatas clasificatorias,
semifinais e a gran final deste sábado 11. Utilizando a aplicación
Virtual Regatta Inshore, os patróns foron situados en dez grupos.
Para
adaptarse ao xogo, a RFGV organizou un adestramento previo que se
adxudicou César Ferreiro (RCN Coruña), que sumou 6 puntos en cinco
regatas, con Jacobo GarcÃa (RCN Sanxenxo) e o técnico Ero Pons como
segundo e terceiro, respectivamente, empatados estes con Fernando
Sánchez (CN Arousa Norte) a 7 puntos. Cada proba, cuxo campo de
regatas establece a RFGV, dura entre 8 e 10 minutos, e a competición
celebra un total de cincuenta (cinco por grupo), o que implica máxima
atención dos patróns e enorme pericia.
A
medida foi tomada pola Real Federación Galega de Vela para manter
activos aos deportistas, dentro do confinamento do Estado de Alarma.
Ata o momento foron numerosas as regatas locais, clasificatorias e
autonómicas que se suspenderon desde que o pasado 12 de marzo a RFGV
decidise a cancelación de calquera actividade e, entre elas, dúas
de rango nacional: a Copa de España de 6 M, en Sanxenxo, e a Copa de
España de Snipe-Memorial Cholo Armada en Vigo.
Nesta
regata virtual hai rexistrados recoñecidos regatistas, entre eles a
xeración dourada da clase 420, co vigués MartÃn Wizner (RCN Vigo),
o arousán Jacobo GarcÃa (RCN Sanxenxo) e o coruñés Toni Ripoll
(RCN Sanxenxo).
