A propiedade intelectual no sector TIC, a exame en Compostela
martes, 30 de novembro do 2010
A empresa multinacional Clarke,
Modet & Cº, en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Adicadas
a Internet e ás Novas TecnoloxÃas (EGANET) veñen de convocar un almorzo de
traballo no que abordar a cuestión da propiedade intelectual no novo ámbito
dixital, unha das disciplinas xurÃdicas que maior controversias está a suscitar
no panorama actual e que máis puntos de vista presenta á hora de ser tratada.
Trátase dunha xornada que vai dirixida, entre outros, aos profesionais do
sector das TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC), do eido
audiovisual e das axencias de publicidade en liña; asà como ao persoal responsable
de centros de formación e tamén de compañÃas de negocios 2.0. nos que as
TecnoloxÃas da Información e a Comunicación se fan imprescindibles de cara ao
traballo diario.
A actividade terá lugar o vindeiro 2 de decembro ás 09:00 no Instituto
Tecnolóxico Empresarial Caixa Galicia de Santiago de Compostela, e nela exploraranse
(desde a óptica da propiedade intelectual) as medidas para a protección da web
2.0, os proxectos Open Source como
vÃa para a implantación dunha polÃtica de Propiedade Industrial e Intelectual
no sector TIC e a protección do continente e do contido nas plataformas e-learning.
O presidente de Eganet, VÃctor López GarcÃa, e o xerente de Clarke, Modet
& C° en Santiago de Compostela, José Manuel Freire, serán os encargados de
darlle a benvida ás persoas asistentes e inaugurar a xornada, á que lle seguirá
unha exposición de aproximadamente unha hora sobre a propiedade intelectual no
novo ámbito dixital por conta da directora da área de Propiedade Intelectual e
Novas TecnoloxÃas de Clarke, Modet & C°, Dolores Carmona.
Posteriormente, co propósito de facilitar a reflexión, o debate e o intercambio
de experiencias e opinións, o moderador dará paso a un coloquio no que poderán
participar coas súas opinións e preguntas as persoas asistentes ao acto.
Nesta xornada, asemade, abordarase a cuestión das
diferentes licenzas (licenza propietaria fronte a software de fontes abertas) e
as alternativas ao sistema tradicional de explotación de contidos, como son Creative Commons e ColorIURIS.
As persoas interesadas en asistir a esta
xornada poden inscribirse a través da web www.clarkemodet.comoficial do evento ou ben chamando ao teléfono 91 806 56 00.
