A galega Abertal pon en marcha un servizo de xestión de cadernos de imaxe: a Fotoblogoteca

venres, 26 de xaneiro do 2007 Fernando Sarasketa

A empresa galega Abertal segue a botar combustible na maquinaria blogueira galega. Desta vez, logo da posta en marcha do sistema de cadernos Blogoteca, vén de presentar un servizo para que os internautas galegos poidamos manter espazos persoais baseados maioritariamente na presentación de imaxes cos seus comentarios: a Fotoblogoteca. É polo tanto un sistema de fotologs: “Un fotolog non é unha galería fotográfica”, sinala a empresa de Carballo, “é un diario de imaxes, no que o usuario pode compartir a súa versión do mundo, daquelo que lle interesa, preocupa ou emociona e coñecer opinións daqueles que se asomen a esta xanela”. O novo sistema, amais de incluír o aliciente de ser un produto galego, incorpora unha serie de vantaxes e funcións que cómpre ter en conta.
Por exemplo:
· Permite crear, listar e modificar galerías fotográficas dunha maneira ben sinxela, sinala Abertal, “coa finalidade de convertelas nunha ferramenta de intercambio de opinións e experiencias en tempo real e de xeito totalmente gratuíto”.
· Os internautas poden crear un fotoblog a partir do seu propio blog e, asemade, cada nova imaxe pendurada aparece de xeito automático na web Fotoblogoteca.com.

PUBLICIDADE