A USC convoca o IX Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras
xoves, 16 de outubro do 2008
A Universidade de
Santiago de Compostela vén de anunciar a celebración da IX Edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras, que
premia a aqueles membros das tres universidades galegas (estudantes, titulados
e tituladas, bolseiros e bolseiras, doutorandos e doutorandas, P.A.S…) que
presenten unha Idea Innovadora
aplicada ao ámbito empresarial.
O xurado do
concurso outorgará un total de 5 premios dotados cunha contÃa de 600 euros cada
un para aqueles proxectos que consideren máis viables e orixinais.
A inscrición farase
de modo telemático cubrindo o formulario que aparece na páxina web Uniemprende e deberá
realizarse antes do vindeiro 28 de novembro.
Na mesma ligazón
tamén se poden consultar as bases do concurso.
