A Insta360 GO 3S adopta aires retro
venres, 15 de maio do 2026
A Insta360 GO 3S Paquete Retro chega como unha edición especial da pequena cámara persoal 4K de Insta360, que aposta por recuperar a estética e sensación de uso das cámaras de pelÃcula clásicas. O novo paquete combina o formato ultracompacto da GO 3S cun visor retro, filtros inspirados na fotografÃa analóxica e distintos accesorios orientados a ofrecer unha experiencia máis pausada e táctil á hora de capturar imaxes e vÃdeo.
O conxunto está baseado na cámara independente de só 39 gramos, que mantén gravación en 4K, captura mans libres e estabilización FlowState. A proposta está orientada a creadores de contido, afeccionados á fotografÃa de rúa e usuarios interesados en rexistrar escenas cotiás cun estilo visual máis próximo ao das cámaras clásicas.
O elemento principal do paquete é o Visor Retro, un visor óptico de cintura que transforma a GO 3S nunha especie de cámara dixital retro inspirada nos modelos de pelÃcula. O visor permite encadrar as tomas sen recorrer a unha pantalla, favorecendo unha aproximación máis deliberada á fotografÃa.
Tamén integra un pequeno espello frontal pensado para autorretratos.
A edición especial incorpora ademais unha baterÃa externa que amplÃa a autonomÃa ata os 76 minutos de gravación e permite cargar o dispositivo mentres está en uso. Engádese tamén unha carcasa NFC que facilita abrir directamente a aplicación móbil de Insta360 achegando o smartphone á cámara, permitindo acceder rapidamente á previsualización, edición e configuración.
O paquete complétase cunha correa para transportar a cámara como colgante ou fixala a mochilas e accesorios, ademais do colgante magnético da marca, pensado para gravacións POV mediante fixación magnética á roupa.
A Insta360 GO 3S Paquete Retro incorpora tres filtros exclusivos inspirados na fotografÃa quÃmica. PelÃcula en negativo ofrece tons máis suaves e menor saturación; PelÃcula positiva incrementa contraste e intensidade cromática para lembrar ás diapositivas; mentres que Adhesivo A/C recrea efectos de pelÃcula preexposta mediante patróns decorativos e cores retro.
A cámara suma tamén once perfÃs de cor integrados, entre os que se inclúen cinco novos estilos cinematográficos: NC, CC, GR-F, Mono e Vacacións vintage. Estes perfÃs permiten obter imaxes estilizadas directamente desde a cámara sen necesidade de edición posterior.
A aplicación móbil de Insta360 pasa a asumir funcións similares ás do Action Pod, permitindo controlar modos de captura, filtros e parámetros desde o teléfono. En iOS e Android tamén se incorporan funcións Live Activities para consultar rapidamente o estado da cámara e iniciar gravacións desde a pantalla bloqueada.
A pesar da orientación retro desta edición, a GO 3S mantén as prestacións habituais do modelo orixinal. Ademais da gravación en 4K con estabilización FlowState, ofrece resistencia á auga ata 10 metros de profundidade, sistema de montaxe magnética e función QuickCapture para iniciar a gravación premendo un único botón.
Tamén segue dispoñible FreeFrame Video, que permite exportar os vÃdeos en diferentes formatos verticais ou horizontais para redes sociais.
A Insta360 GO 3S Paquete Retro xa está dispoñible nas cores lenzo brancov e vermello clásico en versións de 64 e 128 GB, con prezos de 279 e 299 euros respectivamente. Se xa posuÃmos unha GO 3S tamén podemos adquirir o Visor Retro por separado a un prezo de 54,99 euros.
VÃdeo promocional da Insta360 GO 3S Paquete Retro
