A Deputación de Pontevedra espertou vocacións tecnolóxicas e científicas nas mozas da provincia
luns, 13 de febreiro do 2023
A
Deputación de Pontevedra desenvolveu accións durante toda esta
semana como resposta ás baixas cifras de mulleres que se matriculan
en especialidades STEAM (acrónimo
de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas)
e traballan con perfís técnicos e tecnolóxicos. Co
gallo da celebración
do
11 de febreiro do Día da Muller e da Nena na Ciencia, a institución
puxo en marcha diversas actividades
que buscaban fomentar estas vocacións técnicas e dar visibilidade á
figura de mulleres referentes.
No
marco da Tecnolóxicas
Week
e da man de ASIME impulsáronse ata 10 actividades nas 10 comarcas da
provincia. Mulleres profesionais do talle de Belén Pérez, CISO
de
Nueva Pescanova; ou Eliana Pardo, responsable
de desenvolvemento de negocio de
RIA 21 (que
ofreceron dúas charlas sobre ciberseguridade para o alumnado da
cidade de Pontevedra e de Cangas).
Tamén Lorena Rosende, directora
executiva (CEO)
de Itera Técnica e divulgadora; Sabela Vázquez, usuaria do programa
Tecnolóxicas e tamén Amparo Alonso, catedrática
e investigadora
en Intelixencia Artificial da UDC;
Marta Fernández, responsable
de proxectos de
Gestamp; e Icíar Balza, directora
xeral
de Transformación Dixital do Grupo Gonvarri Industries.
Tamén
se organizaron visitas a empresas industriais: alumnado de Tui
visitou Utingal S.L, Antobal S.L. e Pipeworks S.L., alumnado de
Ponteareas visitou Talleres Ganomagoga S.L.U. e Panelship S.L.,
alumnado de Silleda visitou as instalacións de Industrias Guerra e
Sotega Noroeste S.L. e alumnado de Valga coñeceu por dentro a
empresa Extrusionados Galicia. Tamén se impartiron dous workshops
infantís
nos que rapazada da Estrada e do Grove aprenderon a programar
informaticamente dunha forma lúdica.
Ademais,
da man da UVigo entregáronse os galardóns da 3ª edición dos
Premios Girl
Geek Covid,
enmarcados na Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada coa Universidade.
O acto recoñeceu os mellores expedientes de alumnas das carreiras de
ciencias e enxeñarías: os de Esther Lago Sampedro (estudante do
Grao en Química) e Henar Mariño Bodelón (estudante do mestrado de
Enxeñaría de Telecomunicación), Iliana Durán Alonso (alumna do
Grao en Bioloxía) e Laura Núñez Álvarez (alumna do Mestrado
Universitario en Enxeñaría Industrial).
Aínda
que o alumnado na Universidade de Vigo é paritario, as mulleres son
maioría nas artes e humanidades (73%), ciencias da saúde (78%) e
ciencias sociais e xurídicas (60%), mentres que na rama de enxeñaría
e arquitectura o 77% do alumnado son homes. Porén, nalgúns casos
como en Enxeñaría Aeroespacial e Intelixencia Artificial estase a
evolucionar cara a unha representación equilibrada.