A Deputación de Lugo loce novas ferramentas turÃsticas en Xantar
mércores, 5 de febreiro do 2020
Entre
as moitas entidades galegas que están a participar no salón Xantar
de gastronomÃa e turismo que se celebra estes dÃas en Expourense
(ata o 9 de febreiro) atópase a Deputación de Lugo, cuxa
presenza na referencial feira de exaltación dos nosos produtos
tÃpicos (e dos nosos xeodestinos) está marcada polo tecnolóxico.
De feito, unha
parte da intervención de hoxe da deputada de Promoción do
Territorio e Turismo, Pilar GarcÃa Porto, xirou arredor das
aplicacións da Deputación destinadas á promoción de Lugo e os
seus concellos no mundo. A deputada participou na inauguración
da 21 edición de Xantar.
A
Deputación de Lugo promoverá a provincia e os seus produtos
gastronómicos entre os centos de persoas que participan en Xantar,
pois contará cun espazo propio durante os cinco dÃas que dura o
evento. No stand da entidade poderanse degustar alimentos
tÃpicos lucenses, como viño da Ribeira Sacra, embutidos de Porco
Celta e galletas da Veiga. Ademais, ofrecerase material divulgativo
con folletos promocionais dos concellos, das Denominacións de Orixe,
e tamén das tres Reservas da Biosfera da provincia.
Ademais,
dentro da estratexia de apostar polas innovacións tecnolóxicas na
promoción do territorio, GarcÃa Porto abriu a súa axenda de
intervencións poñendo o foco nas dúas aplicacións para móbiles
que vén de impulsar a Deputación, Inventrip e Lugo 360.
A
primeira, explicou a deputada, é unha app gratuÃta
que inclúe información sobre uns 2.500 puntos de interese, entre
elementos do patrimonio cultural e natural, rutas, artesáns,
bodegas, empresas de turismo activo, restaurantes e establecementos
turÃsticos. Trátase pois dun conxunto de información que lle
permite ao visitante trazar unha ruta para chegar aos lugares que
máis lle interesan ou poder descubrir os recursos que están máis
preto da súa posición.
Polo
que respecta a Lugo 360, é unha aplicación de balde que, a
través da Realidade Aumentada permite facer unha viaxe a 25
localizacións da provincia a través de calquera dispositivo móbil.
A ferramenta, unha app inmersiva, abre
unha xanela virtual que permitirá ao usuario facer unha visita a
calquera dos catro xeodestinos da provincia de Lugo (Ancares-Courel,
A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra), co fin de motivalo a que
faga unha visita real.
