Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos chegan á súa terceira edición
mércores, 21 de maio do 2025
A vindeira semana o Centro Comercial Vialia de Vigo converterase no escenario da gala de entrega da III edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa impulsada polo Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) e polo tÃtulo propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), en colaboración co grupo de investigación TI4 Tradución & Paratradución.
Estes galardóns, que recoñecen a excelencia no eido da localización de videoxogos, naceron no seo do tÃtulo propio ETIV, que xa vai pola súa oitava edición. Ao longo dos anos, o programa converteuse nun punto de encontro para estudantes de toda Galicia, doutras comunidades do Estado e mesmo doutros paÃses, procedentes tanto da Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo como doutras titulacións vencelladas ao mundo da tradución e a industria dos videoxogos.
A gala, que terá lugar o dÃa 30 ás 19:00, contará coa participación de representantes institucionais, académicos e profesionais do sector, nun acto que busca tamén fortalecer os lazos entre o ámbito universitario e a industria do videoxogo.
Os premios que se entregarán corresponderanse ás categorÃas de mellor localización dun xogo independente, xogo máis accesible, mellor xogo en éuscaro, mellor xogo en catalán, mellor xogo en galego, mellor localización de xogo sen dobraxe e mellor localización de xogo con dobraxe, podendo consultarse os candidatos de cada categorÃa na páxina web dos premios.
Como antesala do evento, ás 18.00 desenvolverase unha actividade aberta ao público: un trivial interactivo con formato lúdico e dinámico no que se repartirán numerosos agasallos entre os asistentes. Un xeito entretido de introducir ao público na riqueza lingüÃstica e cultural da tradución de videoxogos.