O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o CITIC
xoves, 5 de decembro do 2024
O secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e Comunicación (CITIC), da Universidade da Coruña (UDC), para coñecer o seu funcionamento e liñas de investigación. Este centro, que a Xunta de Galicia apoia cunha achega de máis de 2 millóns de euros, pertence a Rede CIGUS de excelencia cientÃfica de Galicia, conformada por 13 centros (10 excelentes e tres na nova categorÃa de colaborativos).
Os representantes da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu traballo e atender as súas necesidades, destacaron o traballo dos máis de 230 investigadores do CITIC. Todos eles, a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, afondan en investigacións relacionadas coa intelixencia artificial, a ciencia de datos, a computación de altas prestacións, as redes intelixentes e a ciberseguridade.
Este centro, no que traballa a investigadora Verónica Bolón que vén de recibir o Premio Nacional de Investigación 2024 na categorÃa de persoal investigador menor de 40 anos, ten obtido numerosos logros. Entre eles, destaca a consolidación en avances significativos no desenvolvemento de TIC e fomento dunha colaboración exitosa con empresas alleas ao sector, asà como a internacionalización das súas investigacións.
Durante a visita, tamén se puxo en valor o apoio do Goberno galego a este centro de investigación que, ademais dos máis de 2 millóns de euros que recibiron por parte da Xunta este ano na convocatoria dos centros de excelencia, leva recibido un total de 6,4 millóns de euros en diversas convocatorias.
Máis de 800.000 euros para o CITEEC
Tras esta visita, os representantes da ConsellerÃa desprazáronse ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e EnxeñerÃa Civil (CITEEC), tamén da UDC, onde desenvolven o seu traballo máis de 90 investigadores.
Este centro foi recoñecido este ano como centro colaborativo da Rede CIGUS, o que supón que está un paso máis próximo de ser nomeado centro excelente en vindeiras convocatorias. Dentro desta liña de axudas, a Xunta de Galicia vén de inxectar ao CITEEC preto de 700.000 euros, que se suman aos convenios de I+D con 20.000 euros e ao de adquisición de equipamento con 112.000 euros, acadando máis de 800.000 euros.
O CITEEC é unha unidade de investigación única en Galicia, e singular no conxunto do Estado, polo seu foco temático e as súas capacidades cientÃfico-tecnolóxicas. O seu proxecto cientÃfico articúlase ao redor de catro prioridades temáticas: a área de construción e desenvolvemento industrial limpo, a área de cambio climático e xestión de recursos naturais e hÃdricos, a área de transportes intelixentes e mobilidade sustentable e a área de transición enerxética.