O impulso da banda larga en Lugo centra unha xuntanza entre Isabel RodrÃguez e o xefe provincial de telecomunicacións
martes, 19 de setembro do 2023
Este martes 19 de setembro a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel
RodrÃguez, recibÃa ao xefe provincial suplente da Xefatura
Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo, Javier
Rancaño, organismo dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital. No dito encontro abordaron o estado dos
diferentes proxectos que o Goberno ten en marcha na provincia, como o
programa ÚNICO-Banda Larga, con 27,1 millóns de euros en
investimentos para achegar Internet de fibra óptica a 80.503
familias e empresas lucenses, entre outros.
A xeito informativo, dicir que Javier Rancaño, lucense de nacemento,
é enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Alcalá de
Henares. Traballou dous anos no Departamento Tecnolóxico do Museo
Nacional de Ciencias Naturais e dende o 2010 é responsábel da
Unidade de Inspección de Telecomunicacións de Lugo.