O documental A Cero.5 gaña o Premio CIRCOM na categorÃa MinorÃas sociais
venres, 24 de maio do 2024
O documental A Cero.5, participado pola Televisión de Galicia, foi premiado co Premio CIRCOM 2024 na categorÃa MinorÃas sociais na gala celebrada este xoves en Poznan (Polonia), no marco da 40ª conferencia anual de CIRCOM, a rede de 250 medios públicos e centros de produción rexionais presentes en 29 paÃses de Europa. O galardón ao documental A Cero.5 foi recollido polo seu autor e protagonista, o vigués Gonzalo Suárez, de mans do director de Contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, quen tamén ostenta a SecretarÃa Xeral da entidade europea.
A Cero.5 é o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, quen narra as súas vivencias despois de quedar parapléxico a raÃz dun accidente. A peza, producida en 2021, amosa como a práctica do baloncesto no club vigués AMFIV, a competitividade e o compañeirismo lle axudaron a superalo.
- O documental premiado pode verse en AGalega.gal