O Clúster TIC abre un concurso interno para deseñar unha plataforma de servizos integral

mércores, 11 de marzo do 2026 S. P.

O Clúster TIC Galicia vén de abrir un concurso interno, dirixido aos seus socios, para a contratación do deseño e implementación dunha plataforma que permita centralizar os principais servizos da entidade. Esta solución despregarase integramente en infraestrutura on premis, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.
O obxectivo é crear un ecosistema dixital centralizado que permita a interoperabilidade entre os distintos sistemas, con catro módulos integrados:
-Portal de Emprego TIC: orientado á xestión de talento, publicación de vacantes e matching intelixente entre empresas e candidatos.
-Portelo Único B2B: para a captación e xestión de demandas corporativas e a súa distribución cara provedores do ecosistema tecnolóxico.
-Espazo de Datos Soberano (EDS): benchmarking sectorial mediante o intercambio anónimo de datos entre compañías.
-Módulo de Administración: con cadro de mando de KPIs, goberno do dato, cumprimento RGPD e exportación de informes.
O orzamento de licitación estímase no intervalo de 90.000 € e 130.000 € (IVE excluído) e o prazo máximo de execución será de 8 meses desde a formalización do contrato.
As empresas socias interesadas que cumpran os requisitos establecidos nos pregos deberán presentar a documentación indicada, incluíndo os anexos de participación, oferta económica e proposta técnica.
As propostas poderán enviase por correo electrónico a info@clusterticgalicia.com ata o 24 de marzo de 2026, inclusive.