Nova orde de axudas para impulsar as empresas de base tecnolóxica
luns, 9 de febreiro do 2026
A Xunta de Galicia vén de activar unha nova convocatoria de axudas destinada a apoiar o inicio da actividade das empresas de base tecnolóxica e a fomentar a creación de emprego de alta cualificación. O Consello da Xunta analizou un informe sobre a orde correspondente a 2026, que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) e contará cunha dotación global de 500.000 euros.
Estas achegas están dirixidas a facilitar o arranque e a consolidación das iniciativas empresariais de base tecnolóxica durante o seu primeiro ano de actividade, incluÃndo a contratación de persoal cualificado. As axudas poderán situarse entre os 10.000 e os 47.000 euros por entidade, permitindo beneficiar ata 21 empresas cualificadas.
O obxectivo da convocatoria é favorecer que proxectos baseados no coñecemento cientÃfico e na investigación poidan transformarse en empresas viables, capaces de chegar ao mercado nas súas fases iniciais. Con esta medida, a Xunta pretende acelerar a implantación de solucións tecnolóxicas con aplicación práctica en ámbitos estratéxicos como a sanidade, a educación, a sustentabilidade ambiental ou a mellora dos servizos públicos, contribuÃndo á diversificación da economÃa galega e ao reforzo dun tecido empresarial máis competitivo.
A orde inclúe catro liñas de actuación subvencionables: a creación de emprego indefinido, o inicio e posta en marcha da actividade, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e o apoio á función xerencial. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 17 de febreiro e permanecerá aberto ata o 30 de setembro.
No ámbito do emprego, as axudas partirán dun mÃnimo de 6.000 euros por persoa desempregada contratada de maneira indefinida durante o primeiro ano, con incrementos que poden acadar os 12.000 euros cando se trate de titulados con doutoramento. As contÃas poderán aumentar nun 25 % adicional se o centro de traballo se localiza nun concello rural, entre outros supostos.
Os gastos de posta en marcha poderán financiarse ata o 100 % e inclúen custos de notarÃa e rexistro, compra de materias primas, arrendamento de locais ou equipamentos, seguros, publicidade ou desenvolvemento de páxinas web. Pola súa banda, as axudas á conciliación permitirán cubrir ata o 75 % dos custos de coidado de menores, maiores ou persoas dependentes, mentres que o apoio á función xerencial contempla financiamento para formación ou para a elaboración externa de análises e estudos.
En todos os casos, cando a empresa estea constituÃda como cooperativa ou sociedade laboral, a contÃa da axuda incrementarase nun 25 %.
Con 25 anos de traxectoria, este programa consolidouse como unha ferramenta clave para promover o espÃrito emprendedor entre investigadores e titulados universitarios. Grazas a este impulso, Galicia conta na actualidade con preto de 200 proxectos activos de base tecnolóxica, e algunhas das empresas máis punteiras da Comunidade naceron precisamente ao abeiro desta liña de apoio público.
