Marvel’s Avengers despÃdese cun 90% de desconto
luns, 18 de setembro do 2023
O xogo do Vingadores
feito por Crystal Dynamics converteuse nunha grande decepción ao adoptar un
formato orientado á subscrición, ou sexa, que en vez de percibirse como un
tÃtulo divertido no que rememorar as aventuras dos heroes da Marvel percibÃase
como un sacacartos, polo que un videoxogo destinado a ter un grande
impacto converteuse nun dos máis sonoros fracasos do seu estudio, que a
primeiros de ano anunciou que deixarÃan
de engadirlle contido o pasado 31 de marzo, aÃnda que para compensar pola situación
os contidos do xogo pasarÃan a estar dispoñibles de balde.
A
data de peche definitivo do xogo está fixada no vindeiro dÃa 30, cando Marvel’s
Avengers desaparecerá das tendas dixitais, e como unha oportunidade para
que o público poida gozar deste tÃtulo que, pese a decepcionar, poida achegar
moitas horas de lecer, decidiron saldalo, polo que durante os vindeiros dÃas
poderá adquirirse
por 3,99 euros en Steam (PC) ou por 4,99 euros
na PlayStation Store (PS4 e PS5).
Cómpre lembrar que aÃnda que o xogo non se poida mercar a partir do mes que
vén, os usuarios que o teñan mercado poderán continuar a descargalo e reinstalalo
sen problemas, gozando de todos os seus contidos por un prezo que poderiamos
considerar simbólico.