Grande éxito de Ghost of Tsushima para PC
luns, 20 de maio do 2024
O xogo Ghost of Tsushima non se conforma con ter acadado un éxito de público e crÃtica na súa versión para PlayStation 4, senón que a súa versión para PC (á venda en Steam e na tenda de Epic Games) tamén está a deixar pegada, converténdose no mellor lanzamento dun xogo (sen multixogador) de PlayStation en Steam, superando a marca deixada por God of War.
O pasado domingo o xogo contaba con 77.154 xogadores simultáneos en Steam, superando os 73.529 xogadores simultáneos que chegou a rexistrar o xogo de Kratos hai un par de anos, polo que o éxito de Ghost of Tsushima repÃtese en ordenadores persoais, dando a entender que PlayStation vai por bo camiño na súa actual aposta por levar os seu xogos exclusivos a PC cando remataron a súa vida comercial en consola.
Este tipo de lanzamentos está a dar máis problemas da conta, xa que para certas funcionalidades Sony está a requirir unha conta de PlayStation Network, e iso é un problema para moitos xogadores de PC, non porque estean en contra de crear unha conta na plataforma de xogos de Sony, senón porque tal servizo non está dispoñible no seu territorio (mentres que Steam funciona en todo o globo).
Tras o éxito de Ghost of Tsushima, God of War e Spider-Man en PC confÃase que en poucos meses chegue a ordenadores persoais God of War: Ragnarok.