Comezou a xira da mostra interactiva da Deputación da Coruña sobre o Pacto Verde Europeo
martes, 18 de xuño do 2024
Comezou este mes de xuño a xira da exposición interactiva Pacto Verde Europeo da Deputación da Coruña (Europe Direct A Coruña), que fará paradas en Carral, Negreira, Rianxo e Lousame. O obxectivo desta mostra é dar a coñecer entre a cidadanÃa o Pacto Verde Europeo e transmitir a relevancia da transición ecolóxica e as propostas da Comisión Europea para lograr a neutralidade climática en 2050.
O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da UE para avanzar cara un sistema económico sostÃbel, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesÃbel nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.
A xira iniciouse o 14 de xuño no concello de Carral, onde poderá visitarse ata o 28 de xuño na praza Campo da Feira.
Cada parada estará acompañada dunha actuación artÃstica que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios.
A mostra, realizada con materiais reciclados e reutilizábeis, fará a segunda parada no concello de Negreira entre o 28 de xuño e o 12 de xullo. A performance terá lugar o dÃa da inauguración, o 28 de xuño, ás 20 horas xunto a pista polideportiva do Parque do Coto. Entre o 12 e o 29 de xullo a exposición estará no concello de Rianxo, na praza da Manuela. Alà será tamén a actuación de apertura da mostra, o 12 de xullo ás 13 horas. Para pechar o percorrido, a mostra viaxará ao concello de Lousame, onde estará na Casa da Cultura de Portobravo entre o 13 e o 27 de setembro. A actuación terá lugar o 17 de setembro ás 12.30 horas.
A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil. A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vÃdeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro Europe Direct A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.
Tamén está dispoñÃbel o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room en liña deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.