ChatGPT para iPhone chega a España

mércores, 31 de maio do 2023 Marcus Fernández

Hai un par de semanas OpenAI estreou aplicación de ChatGPT para iOS, pero limitou xeograficamente o seu lanzamento, e aínda que había posibilidades de que a chegada da aplicación móbil a España puidese adiarse bastante por mor da normativa de protección de datos a nivel europeo, finalmente a espera non foi moi longa, e a app de ChatGPT está dispoñible na App Store española, polo que agora a que se fai agardar é a aplicación de ChatGPT para Android.
A aplicación de ChatGPT para iPhone polo momento só está dispoñible en inglés, aínda que podemos interactuar coa aplicación en distintos idiomas e incluso aproveitar o recoñecemento de voz para interactuar con ChatGPT, facendo uso de GPT-3.5 de xeito xeral e de GPT-4 se temos unha subscrición de pagamento ao servizo de OpenAI que incluso pode contratarse dende a nova aplicación (aínda que resulta máis recomendable facelo vía web para aforrar as comisións da App Store, que se repercuten no usuario).
Actualmente a aplicación permite tanto sincronizar o historial de chats entre dispositivos como limpar o historial de chats.

PUBLICIDADE