Amazon Prime achega grandes xogos aos seus subscritores no mes de agosto

venres, 2 de agosto do 2024 Marcus Fernández

A oferta de xogos incluídos no servizo de Prime Gaming mantén o seu pulo en agosto, cunha relación de xogos moi completa e variada, entre as que figuran tanto un bo número de xogos que poden pasar a ser propiedade dos subscritores, como varios xogos que poden gozarse sen custo adicional a través do streamign de Amazon Luna.
Os xogos que poderán conseguirse en agosto son SteamWorld Heist, Deus Ex: Mankind Divided, Tomb Raider: The Angel of Darkness, Tomb Raider: The Last Revelation + Chronicles, Gravity Circuit, South of the Circle, Loop Hero, Trek to Yomi, Kraken Academy!!, Baldur’s Gate II: Enhanced Edition, Beholder 3, Hard West 2, En Garde!, Stray Gods: The Roleplaying Musical, Grime: Definitive Edition, KeyWe, Figment 2: Creed Valley, Spells & Secrets, Young Souls, Arcade Paradise, INDUSTRIA e The Collage Atlas.
Os clásicos de Tomb Raider e Deus Ex: Mankind Divided están xa dispoñibles para a súa incorporación á nosa colección de GOG; o día 8 será a quenda de Loop Hero (entre outros); entre os xogos do día 15 destaca Baldur’s Gate II: Enhanced Edition; e o resto de títulos incorporaranse os días 22 e 29.
Máis interesantes son os xogos dispoñibles a través de Amazon Luna: Batman Arkham Knight, LEGO Pirates of the Caribbean: The Video Game, Wobbledogs, Horizon Chase Turbo, ULTRAKILL, Monster Truck Championship, KUNAI, Young Souls, Wonder Boy: The Dragon’s Trap, XDefiant, Fortnite Battle Royale, Fortnite Festival, LEGO Fortnite, Rocket Racing, Fortnite, Trackmania, Fallout 3: Game of the Year Edition e Fallout: New Vegas.
Deste xeito, os usuarios que non conten cun ordenador potente ou unha consola de nova xeración poderán gozar a través do streaming de títulos moi atractivos, posto que Amazon Luna funciona incluso dende un smartphone, unha tableta, un ordenador bastante básico, televisores conectados relativamente recentes de Samsung e LG e incluso dispositivos Fire TV, sendo a principal esixencia para unha boa experiencia contar cunha conexión á Rede estable.