A UVigo coordinará a 3ª G-Nigth, que encherá de divulgación STEM as sete cidades galegas
martes, 19 de setembro do 2023
Volve ás cidades galegas o evento G-Night
para encher de ciencia as rúas, museos e bares galegos o vindeiro 29
de setembro. A terceira edición da Noite Galega das Persoas
investigadoras contará con preto de 50 actividades de divulgación,
lecer e entretemento cientÃfico baixo o lema Conciencias
Creativas. Os obradoiros, paseos, visitas guiadas, charlas e
espectáculos gratuÃtos terán lugar nunha vintena de localizacións,
espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense,
Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
A
coordinación desta iniciativa en Galicia correspóndelle á
Universidade de Vigo, que lidera un consorcio formado por unha
ducia de socios, entre os que se atopan as Universidades de Santiago
de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos.
O evento desenvólvese simultaneamente en
preto de 400 cidades europeas, que se suman a esta iniciativa da UE,
financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. No caso de Galicia, a
G-Night celébrase cos recursos propios das entidades que integran o
consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.
O edificio Redeiras será o epicentro das
actividades da G-Night en Vigo, que xunto cos soportais da praza
Ribeira do Berbés, o café Vitruvia e o Porto, completan as
localizacións das actividades da Noite Galega das Persoas
Investigadoras organizadas pola Universidade de Vigo. Entre as 17.00
e as 21.00 horas, a sede institucional da UVigo acollerá a
Expo-feira, que contará con 19 postos cientÃficos nos
que integrantes de grupos da investigación da institución achegarán
os seus coñecementos ao público asistente. Mergulla no solo,
TermografÃa infravermella, QuÃmica Verde na industria téxtil:
reciclaxe dos seus residuos e descontaminación das augas, Sobrevive
ao cambio climático, NanopartÃculas plasmónicas: un arco da vella
metálico, Prende a chispa das túas neuronas, Unha viaxe polo
nanomundo, Utilizamos residuos para limpar a nosa auga, Nós facemos
robots, Velaquà a nosa pegada, Achégate ás telecomunicacións,
Comprendendo as mentes materiais: modifica o mundo construÃdo o
cerebro?, A febre dos materiais e As Matildas da Ciencia
son as actividades que se desenvolverán na feira, na que tamén
participará o alumnado da UVigo responsable dos proxectos UVigo
SpaceLab e UVigo Motorsport.
Ademais, haberá un espectáculo de danza titulado
Medo azul: cambio climático e incerteza na xente do mar, do
grupo Future Oceans Lab (CIM). Tamén terán lugar, no primeiro andar
do edificio, dous obradoiros: Extractos de algas e cosmética (do
grupo Biodesost, do CINBIO) e Os textos antigos tamén falan
sobre a vulnerabilidade (do grupo GEAAT). No primeiro
presentaranse cremas cosméticas ás que se incorporaron extractos de
algas pardas e vermellas obtidos nos laboratorios da universidade; e
no segundo, ao que cómpre
inscribirse previamente, practicaranse tres escrituras da
antigüidade: xeroglÃfica, micénica e latina.
Paralelamente, a aula 1 do edificio Redeiras tamén
acollerá, desde as 18.15 horas, tres conferencias sobre a desigual
distribución de custos do cambio climático, a Intelixencia
Artificial e os fenómenos climáticos extremos. Ademais, entre as
20.00 e as 20.45 horas o público poderá asistir a unha charla do
CITMaga, na que o investigador Carlos Meniño Cotón ofrecerá un
relatorio titulado Matemáticas para a ciencia e a vida:
topoloxÃa, datos e os segredos de Pompeia. Mentres, a aula 2 de
Redeiras converterase nunha sala de proxeccións na que o público
asistente poderá visualizar algúns capÃtulos da miniserie
documental DesafÃos
do Océano: cientÃficas ao mando, que forma parte dun
proxecto do Campus do Mar liderado pola UVigo. Tamén se proxectará
o documental Xakexi Xjuani: La memoria de una lengua, de
Mauricio Sereno, asà como varios episodios de La Universidad
responde, unha serie de pÃlulas audiovisuais nas que persoal
investigador da UVigo ofrece solucións a preguntas frecuentes desde
unha perspectiva cientÃfica
Paseos cientÃficos pola rÃa
As actividades da G-Night en Vigo complétanse cos
tres paseos cientÃficos a bordo da embarcación Inndaga do
Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, nos que
unha ducia de persoas poderá coñecer as técnicas de mostraxe de
sedimentos e caracterización de propiedades fÃsicas da auga e do
fondo mariño que emprega o persoal investigador do CIM. Os paseos
dunha hora de duración, comezarán ás 15.00 horas, con saÃda desde
o porto de Vigo, e será
preciso rexistrarse para participar.
Ciencia no bar en Vigo, Ourense e Pontevedra
Outra das actividades que se repite nesta edición
é a Ciencia no Bar, tras a súa boa acollida en anos
anteriores. En Vigo o lugar escollido é café Vitruvia. Entre as
21.00 e as 22.00 horas do dÃa 29 desenvolveranse dúas charlas,
dirixidas especialmente a público adulto. Na primeira delas, Diana
Valverde (CINBIO) e Paloma Morán (CIM), abordarán o impacto do sexo
e o xénero sobre as enfermidades. Na segunda, Ana Larrañaga
(CINTECX) falará sobre a ciencia de datos e o seu verdadeiro
propósito.
En Ourense o escenario será o Café & Pop
Torgal, que o venres 29 de setembro acollerá, a partir das 18.00
horas, dúas charlas cientÃficas que impartirán a investigadora
MarÃa José Vázquez, quen ofrecerá un relatorio titulado A
ciencia axuda a reducir a violencia de xénero, sobre a
influencia da pornografÃa nas redes sobre as relacións e
interacción sexuais; e o investigador José Manuel Galiña, quen
ofrecerá unha charla baixo o nome Barferencias: Historia, Arte e
XerografÃa. Tanto no caso de Ourense coma no de Vigo, a entrada
e libre ata completar a capacidade da sala.
En Pontevedra, a sesión de Ciencia no bar
complétase cun paseo pola cidade. Baixo tÃtulo Repensar a
economÃa: desaprender para transformar, a cita será ás 19.00
horas na cervexerÃa Nasa da man de Ecobas e o PostGrowth Innovation
Lab. A idea é realizar obradoiros participativos que sinalen os
lÃmites e as oportunidades da economÃa nun mundo en crise para, a
continuación, ás 20.30 h, realizar un paseo investigador onde se
empregará a cartografÃa participativa para identificar sementes
doutro tipo de economÃa e de ciencia económica. Para esta
actividade é preciso reservar praza.
Un paseo cientÃfico polo rÃo Gafos en
Pontevedra
Ademais, continuando con Pontevedra, o Programa
Universitario de Maiores ofrecerá un paseo cientÃfico polo rÃo
Gafos en horario de mañá, no que as persoas participantes terán a
oportunidade de observar e diferenciar os diferentes liques que
medran nas árbores e aprender sobre a súa importancia como
bioindicadores. Esta saÃda terá unha duración de dúas horas cun
lÃmite de 20 prazas e é
preciso rexistrarse para participar.
Researchers at schools
Durante estes dÃas previos á celebración da
G-Night estanse desenvolvendo visitas de cientÃficos e cientÃficas
da Universidade de Vigo a centros escolares e institutos de Vigo,
Pontevedra e Ourense no marco da iniciativa Researchers at
schools. O obxectivo é achegar o traballo do persoal
investigador da Universidade de Vigo ás escolas e institutos e dar a
coñecer, ademais, as actividades da G-Night.